Alternativa de Arteixo corta a estrada para reclamar protección para a ría de Barrañán e a recuperación das praias afectadas polo porto exterior

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo corta a estrada para reclamar protección para a ría de Barrañán e a recuperación das praias afectadas polo porto exterior

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo cortará este sábado 9 de abril a estrada DP-0514 para demandar unha reunión con Costas e que esta proceda a limpar a Ría de Barrañán e buscar solucións ás praias afectadas polo cambio de correntes como consecuencia do Porto Exterior. A manifestación será mañá ás 12 horas, onde se cortará a estrada DP-0514 fronte ao Restaurante Pirixel, para demandarlle a Demarcación de Costas que proceda a limpar a Ría de Barrañán e a buscar solucións para os areais afectados polo cambio de correntes como consecuencia do Porto Exterior, xa que se atopan totalmente invadidos por pedras e son inaccesibles.

“A Ría de Barrañán atópase totalmente invadida pola maleza. No seu día, variáronlle o cauce para executar o paseo marítimo e esnaquizárona. Logo, deixárona totalmente abandonada ata quedar invadida pola maleza. Un atentado contra o que era un espazo natural espectacular. Moitos dos areais de Arteixo víronse gravemente afectados pola construción do porto exterior, xa que provocou un importante cambio nas correntes mariñas e isto fai que as praias queden totalmente cubertas por pedras. Los más afectados son los del Reiro, Barrañán, Valcovo y Area Grande“ apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo. “O Goberno Municipal e a Demarcación de Costas deben deixar de mirar para outro lado. Arteixo non pode ser unha vez máis o gran prexudicado. Se as cousas non se fixeron ben, pois que menos que esixir solucións e defender os intereses do noso municipio” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!