[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo convoca unha concentración para demandar a eliminación da alta tensión de Sol y Mar
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo convoca unha concentración para o vindeiro sábado día 26 ás 12 horas, que se levará a cabo na estrada AC-415 (Travesía de Oseiro), fronte a entrada principal da Urb. Sol y Mar, para demandar o Goberno Municipal que faga as xestión necesarias para eliminar as liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol y Mar e o Polideportivo Municipal de Galan.
Responsables de Alternativa dos Veciños en Arteixo, reuníronse o pasado luns co xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Innovación, para tratar a eliminación das liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol y Mar. Desde a Xunta amosaron total disposición para proceder ao soterramento das liñas, aínda que a actuación está pendente de que o Concello de Arteixo acometa as expropiacións de solo necesarias.
“A disposición da Xunta de Galicia para eliminar as liñas de alta tensión de Sol e Mar é total, pero está pendente desde o ano 2003 de que o Concello de Arteixo acometa as expropiacións de solo necesarias para poder desenvolver a obra” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.
“Estamos cansados de enviar escritos ao equipo de goberno para que trate este asunto no pleno da corporación, pero inexplicablemente o Goberno Municipal nin tan sequera atende tratándose dun problema tan grave que afecta á saúde de case dous mil veciños e veciñas. É por iso, que nos vemos obrigados a volver
saír á rúa para demandar ao Goberno Municipal que actúe dunha vez por todas, xa que a veciñanza de Sol y Mar xa non está disposta a aguantar máis esta situación. Facemos un chamamento a toda a cidadanía para que participe e se solidarice cos nosos veciños e veciñas de Sol y Mar, que levan máis de 30 anos sufrindo os efectos das radiacións na súa saúde.
A saúde e calidade de vida das persoas non entende de cores nin de ideoloxías políticas, por iso que tamén facemos un chamamento a todas as forzas políticas” matiza Juanfran Martínez.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]