[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo convoca unha concentración para reclamar melloras nos centros de saúde do municipio
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños de Arteixo convoca unha concentración para o martes día 18 de febreiro ás 11:00 horas, diante do centro de saúde de Arteixo para reclamar melloras no servizo de atención primaria nos centros de saúde do municipio. Unha das necesidades máis prioritarias do noso concello, no que ao estado do benestar se refire, é a asistencia sanitaria, a situación actual no noso pobo é deficitaria e con importantes carencias asistenciais.
Situacións como a falta de persoal sanitario de atención primaria, demoras nas citas para as consultas e determinadas especialidades (nalgúns casos cunha lista de espera de máis dun ano) e o aumento de poboación dos últimos anos, contamos cos mesmos ou mesmo menos recursos sanitarios o que vén producindo unha situación insoportable para os pacientes e os profesionais. Neste sentido, desde Alternativa dos Veciños, solicitamos e esiximos o Goberno da Xunta de Galicia, que dote aos nosos centros de Atención Primaria, dos adecuados recursos humanos sanitarios, que posibilite así unha mellor accesibilidade aos servizos sanitarios dos veciños, e que de paso sirva para evitar nalgúns casos o mal uso por ausencia destas consultas dos servizos de urxencias.
Animamos a toda a cidadanía a participar nesta concentración xa que os recortes na sanidade publica e algo que nos afecta de forma directa a todos e todas.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]