alta tensión sol ymar (700400

Alternativa de Arteixo contrata un estudo para medir as radiacións en Sol y Mar

Alternativa dos Veciños de Arteixo volveu contratar un estudo para medir as radiacións emitidas polas liñas de alta tensión en Sol y Mar, que presentara ante a Consellería de Industria e que espera que sexa determinante para eliminar as torres de alta tensión de Sol y Mar

Os veciños da urbanización Sol y Mar en Oseiro, levan corenta anos expostos a campos electromagnéticos e radiacións provocadas polas torres de alta tensión situadas na contorna das súas vivendas e do colexio público.

Alternativa dos Veciños solicitoulle en varias ocasións o Goberno Municipal que se solicite á Conselleira de Industria e a empresa propietaria e explotadora comercial das redes eléctricas, a eliminación das torres e o soterramento do cableado, que a pesar do convenio asinado no ano 2013 polo Concello, a Xunta de Galicia e a Empresa, a día de hoxe segue sen cumprirse.

“Atendendo, unha vez máis, ao deixamento e ao pasotismo do goberno municipal, desde Alternativa dos Veciños decidimos contratar un estudo para medir as radiacións que emiten as liñas de alta tensión que pasan á beira das vivendas e do polideportivo municipal de Galán. Este estudo será presentado ante o concello e a Concellería de Industria. Esperamos que sexa determinante para avanzar dunha vez na eliminación das torres de alta tensión da Urbanización Sol y Mar”, apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa dos Veciños en Arteixo.

“A veciñanza de Sol y Mar non pode seguir sufrindo os efectos das radiacións na súa saúde e calidade de vida. O concello de Arteixo debe cumprir e traballar para que leve a cabo o convenio asinado non ano 2013 polo Concello, a Xunta de Galicia e a Empresa, que a día de hoxe segue sen cumprirse.
En Alternativa non pararemos ata ver Oseiro libre de alta tensión ”, matiza Juanfran Martínez.

 

Novas relacionadas