Alternativa de Arteixo recibe contestación da Xerencia de Sanidade

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo recibe contestación da Xerencia de Sanidade

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo recibe contestación por parte do xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee, ao escrito enviado pola representante local no que solicitaba melloras no servizo de pediatría nos centros de saúde do municipio.

Na contestación asinada polo xerente, Luís Verde Remeseiro, pódese observar que a Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee non ten ningunha intención de mellorar o servizo de pediatría nos centros de saúde de Arteixo. Unha contestación que ten como único obxectivo tratar de disimular os recortes que se están levando a cabo por parte do Sergas e a Xunta de Galicia, achegando uns datos que non teñen nada que ver coa realidade que se vive nos tres centros de atención primaria do noso municipio.

Na contestación tamén deixa claro que non lles gusta que Alternativa dos Veciños se opoña aos recortes que están a realizar estas administracións na sanidade pública galega e que defendamos unha sanidade pública de calidade. Alternativa dos Veciños tentou en todo momento tratar de solucionar as carencias existentes no servizo de pediatría dos centros de saúde do municipio, con responsabilidade e dialogo, pero queremos deixar moi claro que se esta é a actitude e as formas por parte destas administracións, Alternativa dos Veciños non quedara mirando como destrúen o noso sistema sanitario público, como nos arrastran cara un sistema sanitario privado para logo lucrarse á conta da nosa saúde. Se non acceden a liquidar as carencias existentes nos nosos centros de saúde, Alternativa dos Veciños verase na obriga de volver á rúa, para defender unha atención primaria e unha sanidade publica digna e de calidade.

Pedimos a toda a cidadanía que nos apoie na loita pola defensa dunha Sanidade Pública de calidade.

A defensa da Sanidade Pública non entende de cores nin de ideoloxías políticas. A sanidade publica é de todos, por iso non debemos permitir que acaben con ela!!!

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!