Alternativa de Arteixo concéntrase ante Costas en defensa da ría de Barrañán e das praias afectadas polo porto exterior

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo concéntrase ante Costas en defensa da ría de Barrañán e das praias afectadas polas obras do porto exterior

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Representantes de Alternativa dos Veciños de Arteixo concentráronse esta mañá ante a Demarcación de Costas do Estado na Coruña debido á negativa do Xefe da Demarcación de Costas de Galicia para manter unha reunión e tratar a limpeza da Ría de Barrañán e buscar solucións para os areais afectados polos cambios de correntes como consecuencia da construción do Porto Exterior, que se atopan totalmente cubertos por pedras. “Non nos queren escoitar e pretenden seguir abandonando a Ría de Barrañán e mirando para outro lado coa situación na que se atopan as praias do Reiro, de Chamín, a praia de Barrañán, a praia de Area Grande de Suevos e a praia de Valcovo de Arteixo” dixo Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

Demarcación de Costas, Augas de Galicia e o Concello de Arteixo esnaquizaron no seu momento a Ría de Barrañán, permitindo a variación do seu leito. Primeiro atentaron contra este espazo natural e logo deixárono totalmente abandonado ata quedar completamente invadido pola maleza. Ademais, a construción do Porto Exterior provocou importantes cambios nas correntes e prexudicou gravemente ás praias da costa de Arteixo, provocando que estean totalmente cubertos polas pedras que arrastraron as correntes.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!