Concentración dos veciños de Sol y Mar para demandar ao Goberno Municipal a eliminación da alta tensión

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Concentración dos veciños de Sol y Mar para demandar ao Goberno Municipal a eliminación da alta tensión

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo celebrou unha concentración na estrada AC-415 para demandar ao Goberno Municipal que faga as xestións necesarias para eliminar as liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol y Mar, na parroquia de Oseiro.

Alternativa dos Veciños, desde que se implantou no municipio de Arteixo, nas pasadas eleccións municipais de 2019, entre outros moitos temas, está a traballar intensamente para conseguir que se eliminen dunha vez por todas as liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol y Mar e o Polideportivo Municipal de Galán.

Representantes de Alternativa reuníronse a semana pasada co Xefe Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que lle trasladou a disposición da Xunta de Galicia para eliminar as liñas de alta tensión de Sol y Mar. Que se as liñas permanecen no medio da Urbanización é porque no ano 2003 o Concello de Arteixo incumpriu a súa parte no convenio asinado entre a Xunta , Concello de Arteixo e Unión Fenosa, empresa propietaria das liñas naquel momento. Tamén lles informou que se o concello retoma o asunto, a Xunta de Galicia vai poñer todo da súa parte para que a eliminación das liñas sexa unha realidade. Mesmo, que se a obra non se puidese executar con cargo aos fondos europeos, que a Xunta estaba disposta a sufragala directamente.

Alternativa non pode entender como durante todos estes meses onde se volveu a reactivar a loita, non houbo unha formación política con representación no pleno da corporación, que fose quen de presentar unha moción para volver tratar este grave problema que afecta a más de 500 familias.

“Queremos deixar moi claro, que Alternativa dos Veciños non vai parar ata que Oseiro quede libre dunhas liñas de alta tensión que afectan á saúde da cidadanía. Non serán capaces de cansarnos. Por moitos esforzos que fagan para tratar de tapar este grave problema, por moitas pancartas que ordenen retirar e por moito que alcen a voz para pedirnos que nos vaiamos de Arteixo, non conseguirán xamais que paremos de loitar polo que consideramos xusto. O único que temos claro, é que as torres de alta tensión acabarán saíndo do medio da urbanización. Póñanse como se poñan” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.

“Se este asunto non se trata no pleno ordinario de xuño, que se celebra a próxima semana, ou se nos próximos 15 días non se convoca un pleno extraordinario para tratar este tema, Alternativa dos Veciños volverá saír a rúa. Convocaremos concentracións todas as semanas ata que poñan este asunto encima da mesa e se traballe para solucionalo canto antes” matiza Noelia Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!