oseiro

Alternativa de Arteixo convocará unha concentración para impedir que o Concello venda as parcelas do Campo de Oseiro

Alternativa dos Veciños de Arteixo convocará unha concentración a próxima semana para non permitir que o Goberno municipal venda as parcelas onde se sitúa o campo de fútbol municipal de Oseiro, xa que o Concello de Arteixo non pode prescindir de instalacións deportivas e tampouco quedar sen solo municipal.

“Temos a sensación de que o Partido Popular de Arteixo está a preparar outro pelotazo urbanístico. Estamos seguros de que queren poñer en venda as parcelas municipais onde se sitúa o Campo de Fútbol Municipal de Oseiro. Xa todos sabemos como se move o PP de Arteixo e cales son as súas intencións” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Esas parcelas foron cedidas no seu momento pola Deputación ao Concello, pero cunhas condicións e obrigacións durante 30 anos, e é por iso, que xa estamos a revisar a documentación para impedir outro atentado do actual Goberno contra a veciñanza de Oseiro. Por suposto, convocaremos unha concentración e sairemos a rúa” matiza Juanfran Martínez.

Novas relacionadas