Alternativa de Arteixo convoca unha concentración para esixir a regularización da granxa de Lañas

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo convoca unha concentración para esixir a regularización da granxa de Lañas

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo convoca unha concentración para o próximo sábado día 6 de agosto, para esixirlle ao Concello e a Xunta, que se obrigue ao propietario da granxa porcina que se sitúa no lugar das Arcas en Lañas, a corrixir as numerosas irregularidades que presentan as instalacións.

Alternativa dos Veciños e a veciñanza afectada levan meses loitando para que o propietario da granxa regularice a explotación, xa que teñen os animais nunhas condicións pésimas e tamén incumpren as normativas ambientais e de seguridade. O propietario comprometeuse a regularizar as numerosas irregularidades que presenta a explotación, pero o único que fixo ata a data foi reparar o pozo de xurros e reparar un anaco do valo que cerra a balsa de polietileno.

A día de hoxe e logo das numerosas denuncias realizadas, seguen vertendo xurros para a balsa aberta de polietileno, o cal provoca un cheiro insoportable e unha praga de insectos, que afectan gravemente á saúde e calidade de vida dos veciños que residen nos arredores da granxa. “A veciñanza afectada non está disposta a seguir soportando unha situación insoportable, que mesmo lles impide abrir unha venda ou tender a roupa. Como consecuencia das numerosas irregularidades que presenta a explotación, que incumpre a normativa de almacenamento de xurros e estercos, o cheiro que desprende é insoportable e, as persoas que residen nas vivendas que se atopan nos arredores ven prexudicada a súa saúde e calidade de vida “apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Tanto o concello como a Xunta de Galicia están a permitir que se desenvolva unha actividade de forma irregular, mesmo a propósito de que os animais se atopan en condicións pésimas e que se incumpren as normativas ambientais e de seguridade” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!