1

Alternativa de Arteixo comunícalle ao alcalde a súa disposición para axudar na crise do coronavirus

Alternativa dos Veciños de Arteixo comunicoulle por escrito ao alcalde a súa disposición para axudar na xestión da crise de emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus. Tamén se lle propuxeron unha serie de medidas que esperan que se teña en conta e se leven a cabo canto antes.

Con motivo da situación excepcional que estamos a atravesar tanto no noso concello como no conxunto do Estado, achegámoslle ao equipo de goberno a disposición de Alternativa para colaborar, dentro das competencias que corresponda, nas estratexias de xestión dos recursos sanitarios nesta crise de emerxencia e participar unidos, nas estratexias que conleven o aminoramento máximo posible dos efectos colaterais sobre a economía e o benestar das familias e dos cidadáns do noso concello.

Novas relacionadas