Alternativa de Arteixo adquire o compromiso do Goberno municipal para que se traslade a Fonte do Abade

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo adquire o compromiso do Goberno municipal para que se traslade a Fonte do Abade

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo adquire o compromiso do goberno municipal para sacar a licitación a obra do traslado de Fonte da Abade.

Na reunión que mantiveron o pasado xoves membros de Alternativa dos Veciños co alcalde Carlos Calvelo, o equipo de goberno comprometeuse a sacar a licitación nas próximas semanas a obra do traslado da Fonte do Abade.

“A veciñanza de Oseiro leva máis de 20 anos solicitando ao concello que leve a cabo o traslado da Fonte do Abade. Tendo en conta a actitude e a desidia do equipo de goberno, a finais do pasado ano non quedou outro remedio que saír á rúa para demandar ao goberno municipal que realice esta obra dunha vez por todas” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa dos Veciños en Arteixo.

“Esperamos que o alcalde cumpra co acordado na reunión do xoves e que nas próximas semanas sáquese a licitación esta obra, xa que de non ser así teremos que volver solicitalo na rúa. Non podemos permitir que se tarden máis de 20 anos para levar a cabo o traslado dunha fonte. É algo incomprensible”, matiza Noelia Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!