camiño Barrañán700x400

A xustiza confirma que o tramo do Camiño da Costa que dá acceso á praia de Barrañán debe estar aberto

Alternativa dos Veciños de Arteixo celebra a sentenza que confirma que o tramo do Camiño da Costa que dá acceso a praia de Barrañán debe estar aberto a cidadanía. Alternativa dos Veciños levaba moitos meses loitando para que se volvese abrir ao público o tramo do Camiño da Costa que dá acceso á praia de Barrañán segue pechado ao publico, xa que un particular pretendía apropiarse do mesmo e o concello non fixo nada para resolver un problema que privou durante moitos meses á cidadanía de pasar por un camiño que foi sempre publico.

Inexplicablemente, este tramo do Camiño da Costa nunca foi recollido e incorporado ao inventario de bens municipais por parte do concello. Alternativa espera que agora o concello sexa quen de facer o que xa tiña que ter feito desde hai moito anos, que mesmo tivese evitado un conflito entre veciños, e incorpore este tramo do Camiño da Costa o inventario de bens municipais.

“O concelleiro de urbanismo debería de explicar cal era tal interese que había detrás deste camiño para chegar a permitir que un particular se apropiase do mesmo e que o concello non fixese absolutamente para impedilo. O señor Alberto Castro non debería de seguir á fronte da área de urbanismo nin un segundo máis. Dedícase a defender os seus intereses persoais e os duns cantos empresarios ligados ao Partido Popular e isto está a provocar que o municipio de Arteixo sexa un caos urbanístico”, apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa dos Veciños en Arteixo.

“Tivo que ser unha veciña, á cal se lle estaba cortando o acceso á súa parcela, quen tivo que recorrer á xustiza e demostrar que este camiño debe estar aberto ao público, xa que de ser polo concello o acceso apraia por este camiño quedaría pechado para sempre”, matiza Juanfran Martínez.

Novas relacionadas