Alternativa de Arteixo celebra o repintado da estrada que atravesa Pastoriza e Oseiro
Alternativa dos Veciños de Arteixo celebra que finalmente o Goberno Municipal realizase os traballos de repintado do tramo da estrada AC-415 que atravesa as parroquias de Pastoriza e Oseiro e que pertence ao Concello de Arteixo, unha solicitude que presentou Alternativa ao Concelleiro de Seguridade Cidadá en decembro do 2020.
Alternativa dos Veciños alégrase de que o Goberno Municipal atenda algunha das solicitudes que presentan, pero demanda que o Goberno Municipal debe actuar con maior celeridade para liquidar as diferentes necesidades e problemas que existen no municipio.
“En decembro do ano 2020, atendendo á petición que nos realizaron numerosos veciños, presentamos unha solicitude á atención do Concelleiro de Seguridade Cidadá para que se procedese a realizar os necesarios traballos de repintado do tramo da estrada AC-415 que atravesa as parroquias de Pastoriza e Oseiro e que pertence ao Concello de Arteixo, pero non foi ata principios do presente que se procedeu a executar os traballos“ apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.
“Non pode ser que que o Concelleiro de Seguridade Cidadá non mostre ningún interese polos diferentes tipos de seguridade. Parece incrible que nun concello como o de Arteixo non se conte cun plan de traballo en seguridade e que non se executen os diferentes tipos de mantemento para garantir a seguridade” matiza Juanfran Martínez.