arteixo-xeral

Alternativa de Arteixo alerta que aínda non se sabe nada dos orzamentos municipais do 2021

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao Goberno municipal que informe da situación na que se atopan os orzamentos do ano 2021. Xa iniciado o ano, aínda non se sabe nada dos orzamentos cos que contará o municipio de Arteixo.

O Goberno local segue demostrando que non é quen de xestionar un concello da importancia de Arteixo. Mesmo, contando cunha ampla maioría absoluta, non aproba os orzamentos anuais do Concello en tempo e forma.

Os orzamentos chegan todos os anos tarde, mal e arrastro. Uns orzamentos onde non se conta para nada coas diferentes entidades veciñais, socio-culturais e deportivas. Noutros concellos da comarca, por exemplo Oleiros, a mediados de novembro xa tiñan aprobados os orzamentos para o próximo ano.

Novas relacionadas