elect

Alternativa de Arteixo alegará contra a liña de alta tensión entre Monteagudo e o Morás

Alternativa dos Veciños de Arteixo presentará alegacións ante a Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, pola liña de alta tensión promovida por Eólicos Breogán S.L.U entre Monteagudo (Carballo) e o novo polígono de Morás.

O proxecto promovido pola a empresa Eólicos Breogán S.L.U é un ataque contra o medio ambiente natural do municipio de Arteixo e tamén deixaría a numerosas vivendas expostas a radiacións.

O proxecto suma uns quince quilómetros de tendido eléctrico, nos que só un quilómetro iría soterrado. Destes quince quilómetros de tendido eléctrico de alta tensión, máis de trece quilómetros atravesan o territorio de Arteixo.

“Esperamos que as alegacións presentadas sexan atendidas pola Xunta de Galicia e se paralice de inmediato este proxecto que prexudicaría gravemente ao medio ambiente natural do municipio de Arteixo, que deixaría a numerosas vivendas expostas a radiacións e tamén afectaría parcelas atravesadas”, apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa dos Veciños en Arteixo.

“Alegrámonos de que o equipo de goberno municipal mostre o seu rexeitamento a este proxecto. Esperamos que tamén o fagan dunha vez por todas coas torres de alta tensión de Sol y Mar que danos causaron e causan na saúde dos veciños”, matiza Noelia Martínez.

Novas relacionadas