[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños iniciou a campaña electoral cunha nova cea fría na Polideportiva da Casa do Pobo de Dorneda. Coa presencia de máis de 300 persoas, a formación deu a coñecer a veciñanza da parroquia as propostas que teñen para unha vindeira lexislatura na que esperan revalidar a súa maioría absoluta. [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O representante na executiva do partido da Comisión Parroquial, José Luis Viñal, relatou ós presentes a lista electoral de Alternativa dos Veciños para as eleccións do vindeiro día 28 de maio. Despois interveu a candidata da parroquia María José Varela, que avanzou que está en trámite a expropiación dos terreos necesarios para a creación da senda costeira entre Naval e Canide, que culminará a costa libre de Oleiros.
O presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, dirixiuse aos presentes na parte final do acto. Fixo fincapé na necesidade de seguir apoiando o seu partido para poder manter a elevada calidade vida do Concello de Oleiros.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]