Alternativa urxe ao Goberno de Culleredo a convocar as subvencións a entidades

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños Culleredo urxe ao Goberno municipal a convocar as subvencións a entidades

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños Culleredo lembra ao Goberno municipal a ausencia da convocatoria de subvencións a entidades do municipio cando está a rematar o ano e urxe ao mesmo a convocalas de xeito inmediato.

Está a rematar o exercicio 2018 e as subvencións están sen convocar. Continuamente, o Goberno municipal invade os medios con notas de prensa nas que se anuncian investimentos faraónicos cuxo futuro é máis que incerto. Semella máis un intento por enganar aos veciños e veciñas agora que se aproxima unha nova cita electoral. Preocupan especialmente a este grupo as palabras da concelleira de Cultura, Carmen Varela, que se manifestou durante o consello sectorial do seguinte xeito a respecto deste asunto: “Este ano non se convocarán as subvencións dadas as datas nas que nos atopamos”.

Alicia Ferreiro, voceira do grupo municipal de Alternativa, lembra que este mesmo Goberno que anuncia tantos investimentos esqueceu convocar as subvencións dirixidas a entidades municipais sen ánimo de lucro, tanto culturais, coma deportivas, e asociativas. Este problema afecta tamén ás ANPAS e, polo tanto, ás actividades extraescolares e ao servizo de madrugadores, cuxa función é imprescindible para asegurar a conciliación familiar: “Esiximos a inmediata convocatoria das referidas subvencións, necesarias para a sostibilidade das entidades que conforman o tecido asociativo de Culleredo, e cuxa función dentro do municipio é importantísima”, declara Ferreiro.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!