Alternativa atenderá aos afectados pola pegada sonora nunha oficina ambulante
Alternativa dos Veciños de Culleredo atenderá a todos os veciños e veciñas afectados pola ampliación da pegada sonora do aeroporto nunha furgoneta. Nos próximos días anunciarase os horarios de apertura e as paradas da oficina ambulante, onde se lles farán as correspondentes alegacións a todos os cidadáns que o soliciten.
A furgoneta percorrerá as zonas de Tarrío, Fontemaior, Hermida, A Choeira, Ombre, O Burgo, Acea de Ama, Alvedro, Liñares, Carcabelos e A Marisqueira. Optouse por esta opción ante a imposibilidade de que os veciños accedan libremente á oficina de Alternativa na Casa do Concello, que pretende controlar o Goberno municipal mediante un sistema de cita previa.
Alternativa dos Veciños ofrécese a facerlle as alegacións a todas os veciños e veciñas que o soliciten, tanto en Culleredo como en Cambre. As persoas interesadas en presentar alegacións poden dirixirse ao teléfono 981677960 ou ao correo electrónico culleredo@alternativadosvecinos.org. O prazo para presentar os recursos finaliza o 24 de decembro.