[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Culleredo lamenta a demora do alcalde para presentar os orzamentos municipais
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños, igual que todos os grupos da oposición, votou en contra da aprobación dos orzamentos municipais de Culleredo por estar informados negativamente polos servizos económicos e xurídicos do Concello. Ademais, ante a lentitude do Goberno municipal que os aproba con 3 meses retraso, non será posible executalos ao longo do presente ano.
Nos orzamentos recóllense 600.000 euros para iniciar o peche das naves da antiga Cross, no Burgo. Non se contempla a descontaminación do solo, que o actual alcalde denunciaba cando era voceiro de APdC (Agrupación Progresista de Culleredo).
Así mesmo, fálase da renovación da cuberta do parque das Brañas. Incomprensiblemente, os restos da cuberta están tirados sobre praza desde hai máis dun ano, sen realizar a correspondente reclamación á empresa que a construíu.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]