[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Culleredo defende o interese xeral da veciñanza
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños respecta e valora o traballo de todos os funcionarios/as do Concello de Culleredo. Iso non impide que Alternativa cumpra co seu principal cometido: defender o interese xeral da veciñanza.
Desde Alternativa non se entende nin se comparte a actitude do persoal municipal de Culleredo ao respecto do escrito presentado no Pleno. As competencias en materia de persoal corresponden ao Goberno municipal, que é quen regula as tarefas a desenvolver polo funcionariado, postos de traballo, competencias de cada posto, niveis, salarios, primas, compensacións, etc.
Alternativa dos Veciños respecta aos traballadores municipal, ao igual que solicita respecto para cumprir cos compromisos adquiridos coa veciñanza e a defensa do interese xeral dentro do marco legal e de acordo co Regulamento Orgánico Municipal (ROM).
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]