mocións educa

Alternativa de Culleredo defende a seguridade do alumnado no regreso ás aulas

Alternativa dos Veciños apoiará a ANPAS, mestres e colectivos que se manifesten en defensa da seguridade e da protección do alumnado de Culleredo. No próximo pleno, Alternativa tamén votará a favor das propostas que presentan PSOE e BNG en relación a este asunto, para contribuír a que os nenos e nenas do municipio asuman os mínimos riscos posibles.

Alternativa quere facer fincapé na falta de previsión e nula capacidade de xestión do Goberno municipal á hora de defender as carencias existentes en Culleredo en materia educativa, que ano tras ano están a denunciar as ANPAS e as familias con rapaces en idade escolar. Culleredo vai case sempre tarde á hora de defender un ensino de calidade, que neste intre tamén debe ser un ensino seguro a nivel sanitario. Iso si, fanse brindes ao sol á hora de saír nos medios que non arranxan os problemas.

Novas relacionadas