[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Culleredo advirte posibles irregularidades administrativas nos concertos do Burgo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños congratúlase do éxito dos concertos celebrados a pasada fin de semana no Burgo. Así mesmo, Alternativa de Culleredo solicitará ao Goberno municipal que aclare todo o proceso en relación a este evento ante posible existencia de irregularidades administrativas, dado que non está claro o proceso de licitación.
De non ser directamente o Concello quen fai as actividades, calquera entidade está obrigada á realización dos trámites pertinentes, ao igual que se fai coas comisións de festas. Neste caso tamén estaría obrigada a asumir a limpeza e a subsanar os danos que se puidesen darse nas zonas verdes e demais espazos públicos.
Para aclarar todos estes asuntos, Alternativa dos Veciños de Culleredo requirirá do alcalde que se informe ao pleno sobre o cumprimento de todas as premisas legais en relación á celebración destes concertos.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]