Alternativa critica o retraso do goberno de Cambre fronte a pegada sonora
A veciñanza afectada queixouse por no poder presentar as alegacións no Rexistro Municipal do Temple e tamén por non estar a recibir información dende o propio Concello.
Dende alternativa criticamos este modo de xestionar, porque fallou a información para a veciñanza, non se puxo á disposición das persoas afectadas os medios suficientes. -Este é o “modus operanti” de este goberno, fan todo a toro pasado.- Afirma Raúl Varela, portavoz do Grupo Municipal de Alternativa dos Veciños de Cambre.
A tan solo cinco días hábiles da finalización do prazo, o goberno municipal de Cambre coloca un bando. Resulta lamentable, que dende a administración local se tarde case dous meses en informar adecuadamente ás máis de 600 vivendas afectadas. E tampouco se facilitou a presentación das alegacións no rexistro da zona afectada ata onte, posibilidade que se abriu e informou a través do propio bando.