O partido denuncia que non ten sentido que José Antonio Santiso, alcalde de Abegondo, repita como presidente, tendo en conta que é o único alcalde do Partido Popular e representa ao municipio de menor poboación do Consorcio de As Mariñas. Todo propiciado por un PSOE que conta con tres rexedores, sendo a forza maioritaria no ente comarcal.
Santiso volveu ser elixido coma presidente cos votos a favor do PSOE e de Unidos Por Cambre. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, tentou evitar este “sinsentido” presentando a súa candidatura, sendo apoiado por Javier Gestal, alcalde de Carral.
“É vergoñento o que ocorreu. Nos propoñíamos que a presidencia fose para alguén do PSOE. Sen embargo, preferiron darlle a presidencia a unha persoa que paralizou o Consorcio durante os últimos dous anos.
Todo isto nun momento no que temos que solucionar a licitación do servicio de recollida de lixo. Igual ahí está a cuestión deste acordo, xa que se o Consorcio renuncia a vertelo na planta de Nostián, o Concello da Coruña, tamén do PSOE, podería vender ese terreo por millóns de euros” asegurou García Seoane, presidente de Alternativa dos Veciños