700x400_LETRAS

Alternativa critica o abandono do paseo do Mero por parte de Concello e Xunta

O goberno local non está a iniciar os traballos acordados no convenio de mantemento do paseo fluvial e a maleza inicia a conquistar as sendas. Por outra banda, dende a Administración Autonómica levan máis de un ano para arranxar os derrubamentos que teñen cerrado o paseo na zona de Peiraio.

O convenio entre o Concello e Augas de Galicia asinado fai nove meses parece que non está a dar os froitos, porque o estado do paseo fluvial non acaba de mellorar e a veciñanza retoma as queixas.

Os danos ocasionados polos derrubamentos seguen sen reparar, fai anos que non realiza unha limpeza do leito e marxes do río, a canle ten árbores caídas e a maleza conquista os marxes do río impedindo o acceso e incluso a visibilidade do mesmo.

Alternativa xa trasladou as demandas veciñais a ambas administracións e volve insistir. “Non se sabe nada dos traballos de mantemento. O goberno de Cambre sempre ás trancas, nin loita nin traballa por este enclave natural. ” Afirma Raúl Varela voceiro de Alternativa dos Veciños de Cambre.

Novas relacionadas