[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa critica a incompetencia do concelleiro Ramón Boga para preservar o patrimonio
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Cambre critica a incompetencia demostrada polo concelleiro en xestionar e preservar o patrimonio do municipio. Alternativa leva máis dun ano insistindo no mantemento mínimo do patrimonio de estado lamentable en moitos dos bens.
Na actualidade Cambre sigue sen o contrato prometido e a última contestación do concelleiro, ante a insistencia de Alternativa, foi que “Non aceptamos o rogo posto que o prego de mantemento de zonas verdes (do que forma parte o lote dedicado á limpeza e mantemento de fontes e lavadoiros) está en contratación. Se o aceptásemos supoñería un quebranto das condicións técnicas, ou polo menos unha variación ou alteración das condicións da adxudicación, o que non impide a posibilidade de actuacións puntuais”.
Alternativa critica esta deixadez durante máis dun ano e as escusas do concelleiro ante a falta de atención dos bens municipais, e, en concreto, un elemento tan emblemático como os lavadoiros municipais e fontes.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]