1

Alternativa critica o descoido dos parques infantís de Cambre

Varios veciños e veciñas de Cambre dirixíronse a Alternativa dos Veciños para denunciar o estado de abandono e deixadez dos parques infantís. O Concello abriu as instalacións para o seu uso despois do confinamento do covid, pero non se repararon as instalacións danadas.

O parque da Igrexa, o máis próximo á Casa Consistorial, é do que máis se queixan os cidadáns. Alternativa dos Veciños demanda que o Goberno municipal asuma as súas competencias e limpe e repare as instalacións.

Novas relacionadas