Alternativa critica as restricións do aforo nos plenos

Un cartel na entrada da sesión anunciaba un aforo de trinta e cinco persoas, impedindo o paso á veciñanza que estaba alí.

A limitación da capacidade da sala, sen causa xustificada, deuse no pleno extraordinario celebrado a pasada semana.

O grupo municipal de Alternativa dos Veciños critica que a medida non foi publicada con anterioridade en ningún medio municipal e lembra que só se pode limitar o aforo cando existan razóns de seguridade, saúde pública ou capacidade legal do local. O día da celebración do Pleno non existía ningunha causa que o xustificase.

Desde Alternativa dos Veciños seguiremos defendendo a transparencia, a participación cidadá e o respecto polos dereitos da veciñanza de Carral

Comparte esta nova!