Alternativa acusa a Unión por Cambre (UxC) de empregar tácticas vergoñentas tras a presentación dunha moción para rescatar os 245.000 € do Plan Provincial que, segundo lembran, se perderon tras o voto en contra de UxC no pasado pleno.
A proposta foi aprobada por unanimidade do resto dos grupos, tamén houbo unanimidade en poñer en voz alta a “demagóxica” táctica de UXC.
O grupo municipal denuncia que UXC estea a recorrer de maneira reiterada a “estratexias miserentas” desde que pasou á oposición: desde presentar propostas que xa foron presentadas por outras formacións durante o seu mandato, como propostas que comprometeran a executar cando gobernaban e que non o fixeron, mocións fóra de prazo que dificultan a análise por parte da corporación, ou votar en contra dun Plan Provincial.
Raúl Varela é rotundo na sua postura “UXC pretende que se solucionen en 4 meses problemas que eles non foron quen de resolver en 10 anos de goberno, tratándose ademais de problemáticas creadas durante o seu goberno en moitos dos casos”.