Cambre, 30 de setembro de 2021. O goberno cambrés escusándose coa crise sanitaria está a capar as diferentes alternativas para o tempo libre.
A crise sanitaria fixo que en Cambre se frearan os programas a longo prazo e se estean a substituír por actividades puntuais. “ O Concello non pode bloquear todos os programas previstos e enfocados a traballar por uns obxectivos de futuro para a veciñanza en materia de cultura, deporte, xuventude, vida saudable…” matiza Raúl Varela, voceiro de Alternativa de Cambre.
O que é claro é que a situación non beneficia, especialmente aos colectivos de maior sensibilidade, familias usuarias de servizos sociais, terceira idade, xuventude, etc. Detectándose novos problemas nestes grupos (botellóns, deterioro físico e psíquico, pouca participación municipal…). Na actualidade os aforos para diferentes actividades de carácter lúdico-deportivo ese están incrementando como por exemplo nos estadio de fútbol, asistencia aos plenos públicos municipais, aforos en actividades deportivas e culturais… polo que entendemos que a actividade municipal debe recuperarse de maneira paulatina ata conseguir chegarmos a normalidade.
Alternativa insistirá novamente en que se retomen e planifiquen os programas para o tempo libre, e deixen de empregar as actividades puntuais como remendo do traballo que non se está a realizar.