[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa convoca unha concentración para demandar ao Goberno Municipal que poña solución ás verteduras de augas
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo convoca unha concentración para o sábado 22 de maio ás 12 H, que se celebrará na estrada provincial DP-0514 á altura do Restaurante Pirixel, para demandar ao Goberno Municipal que poña solución ás verteduras de augas residuais na Ría de Barrañán.
Atendendo as denuncias recibidas por parte de veciños e veciñas da zona de Barrañán e Chamín, hai máis dun mes que Alternativa dos Veciños de Arteixo contratou unha análise microbiolóxica para comunicar a Augas de Galicia a existencia dunha vertedura de augas residuais na Ría de Barrañán. Unha análise microbiolóxico que confirmou a presenza de Enterococos, Coliformes fecales e Escherichia coli.
“Pasou máis dun mes desde que enviamos o informe de laboratorio a Augas de Galicia, pero aínda seguen sen actuar e sen obrigar ao Concello de Arteixo a que poña solución a estas verteduras de augas residuais que teñen contaminada a Ría de Barrañán” , apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa dos Veciños en Arteixo.
A ría de Barrañán leva anos desaconsellada ao baño polo alto nivel de fecais.
“Tendo en conta que a Xunta non actúa e non obriga ao concello a que emende este grave problema e, que tampouco o concello escoita as reiteradas peticións para que actúe ao respecto, non queda outra solución que saír á rúa para ver se desta forma se lles cae a cara de vergoña e fan algo. O actual equipo de goberno está instalado no deixamento e o pasotismo, só atenden os seus intereses persoais e partidistas”, matiza Juanfran Martínez.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]