fonte oseiro

Alternativa convoca unha concentración mañá para esixir o traslado da Fonte do Abade

Alternativa dos Veciños de Arteixo Alternativa convoca unha concentración para solicitar ao equipo de goberno o traslado da Fonte do Abade, unha demanda veciñal de máis de 20 anos.

A veciñanza de Oseiro leva máis de 20 anos solicitando ao concello, que leve a cabo o traslado da Fonte do Abade, pero os diferentes equipos de goberno non fixeron outra cousa máis que promesas, xa que a fonte a día de hoxe aínda segue no mesmo sitio. Mesmo, leva máis de 2 anos aprobado o orzamento para a realización desta obra.

Tendo en conta a actitude e a desidia do equipo de goberno, non queda outra solución que saír á rúa para demandar que se realicen as cousas e que o municipio de Arteixo poida avanzar. Por iso, o mércores día 30 ás 11.30 horas, concentrarémonos á beira da mesma fonte para reclamar que leve a cabo dunha vez por todas o traslado da Fonte do Abade.

Novas relacionadas