Alternativa convida de novo á alcaldesa de Bergondo a aprobar inicialmente o PXOM antes das eleccións

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

pide á alcaldesa que bote a un lado os temores ou o cálculo electoral e faga por aprobar inicialmente o Plan antes de maio

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Juan Fariña, concelleiro de infraestruturas, urbanismo e medio ambiente de Bergondo -e voceiro de Alternativa dos Veciños no noso municipio- ven de dirixir unha nova carta á alcaldesa do municipio e socia de coalición de goberno, a socialista Alejandra Pérez, para animala a que disipe as dúbidas que poida albergar respecto da posibilidade de aprobar inicialmente o PXOM antes das eleccións municipais do 28 de maio: “O escenario novo que se nos ofrece (por parte do equipo redactor) non difire en exceso ou non impide as previsións que para min e para Alternativa dos Veciños serían as ideais e desexables. Coa proposta de calendario que nos acaba de facer chegar o equipo redactor e introducindo os axustes precisos (acurtando prazos nos días ou semanas necesarios) conseguiríamos chegar perfectamente á fase de aprobación inicial co documento completo e todos os informes remitidos ás distintas administracións e organismos. Xa que logo estaríamos en disposición e condicións de lograr a aprobación antes das eleccións de maio de 2023.” Por outra banda Fariña convida á alcaldesa a que descarte calquera temor de índole electoral e non dubide de máis ao respecto, xa que o exceso de dúbida xera o estancamento. Para finalizar, nese mesmo escrito, Fariña reitera o compromiso co Plan Xeral de Bergondo, del mesmo e de Alternativa dos Veciños de Bergondo, coas seguintes palabras:

“OFRÉZOCHE: Como xa fixen no anterior escrito do día 12 de decembro; O VOTO FAVORABLE DOS DOUS CONCELLEIROS DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS para a aprobación inicial do Plan Xeral de Bergondo nun pleno a celebrar antes das eleccións de maio de 2023.”

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!