[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo contrata unha segunda análise que volve confirmar a presenza de fecais na Ría de Barrañán
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo contratou unha segunda análise microbiolóxica e os datos do informe reflicten que a contaminación na Ría de Barrañán cuadriplicouse respecto ao da análise realizada no mes de abril. Volve confirmarse a presenza de Enterococos, Coliformes fecales e Escherichia coli.
En relación ás denuncias realizadas por Alternativa de Arteixo polas verteduras de augas residuais na Ría de Barrañán, Augas de Galicia informou a semana pasada que require ao Concello información sobre as condicións da Ordenanza Municipal para que se proceda á conexión coa rede de sumidoiros das vivendas que están a verter á ría. Tamén se lle ordena ao Concello de Arteixo que informe sobre a situación na que se atopa a rede de saneamento da zona.
“Alternativa dos Veciños non vai permitir que o Goberno Municipal siga sen actuar e mirando para outro lado. Non imos permitir que o equipo de goberno se siga rindo da veciñanza de Arteixo. Imos seguir esixindo que se solvente este grave problema canto antes” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.
“Se o Goberno Municipal non actúa para liquidar as verteduras de augas residuais á Ría de Barrañán, entón é a Xunta de Galicia a que debe tomar medidas. Os incívicos que están vertendo augas fecais á Ría de Barrañán deben ser sancionados e obrigados a regularizar a situación na que se atopan as súas propiedades” matiza Juanfran Martínez.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]