Alternativa dos Veciños contra a penalización do aborto en El Salvador

m

Alternativa dos Veciños contra a penalización do aborto en El Salvador

O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños vai presentar no pleno de Oleiros unha moción para defender os dereitos das mulleres salvadoreñas, instando ao Goberno de España a que conmine ás autoridades salvadoreñas a adecuarse ás esixencias do Convenio Americano de Dereitos para acabar con este tipo de vulneración dos dereitos humanos.

A dureza coa que se castigan os abortos na República de El Salvador, baixo a cualificación de homicidios agravados, fai que moitas das mulleres que pasan por este transo reciban condenas de prisión de entre 30 e 50 anos. Este foi o caso de Manuela, unha muller sen recursos e analfabeta dunha zona rural que padecía un linfoma non diagnosticado e que tras ingresar no hospital por unha urxencia obstétrica despois de perder o fillo que estaba xestando foi denunciada pola médica que a atendeu por un posible aborto. Foi detida no mesmo hospital, ingresada en prisión e posteriormente enxuizada e condenada a 30 anos. Manuela faleceu no cárcere despois de permanecer algo máis de dous anos na cadea durante os que non recibiu sequera os coidados médicos que lle foran prescritos para frear o seu cancro.

Por desgraza este caso non é único na xurisprudencia da República de El Salvador.

Novas relacionadas