bdr

Alternativa dos Veciños continuará desenvolvendo programas de cooperación internacional

Alternativa dos Veciños pretende seguir traballando na tarefa de construír un presente e, sobre todo, un futuro máis xusto e solidario para as nenas e nenos que hoxe carecen de bens tan básicos como a auga, a alimentación, a educación e a garantía de medrar en liberdade.

Vivimos nunha etapa na que agroman comportamentos xenófobos, onde os discursos de rexeitamento ao distinto son reproducidos continuamente en palestras públicas e medios de comunicación a nivel mundial. Precisamos dun cordón sanitario fronte ao odio. Alternativa dos Veciños foi, é e será sempre garante das políticas de cooperación cos pobos máis desfavorecidos, cos que sofren a desigualdade, o acoso das grandes potencias, as catástrofes naturais e os efectos negativos dun sistema capitalista atroz.

Novas relacionadas