Alternativa dos Veciños continúa a rexeitar a planta de residuos tóxicos no Porto de Oza

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños continúa a rexeitar a planta de residuos tóxicos no Porto de Oza

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños quere manifestar novamente o seu rexeitamento á planta de tratamento de aceites e hidrocarburos no Porto de Oza. Alternativa demanda que o Concello da Coruña, que ten a última palabra, denegue a licenza a esta empresa mediante un informe de incompatibilidade urbanística, amparado no incumprimento do Plan Xeral. A Xunta de Galicia tamén ten que proceder á eliminación dos depósitos que neste momento están sendo utilizados sen licenza nin autorización.

É alarmante que durante os 4 anos que pasaron desde a solicitude de instalar no peirao de Oza unha planta de tratamento de residuos nun espazo non apto para a mesma, aínda non fora desautorizada nin polo Concello nin pola Xunta. Ademais, dáse a circunstancia que esta mesma empresa xa fora denunciada no 2002 ante os tribunais polo Concello de Oleiros porque os vertidos que recollía nas augas do porto (restos de aceite, combustibles, etc…) eran derramados posteriormente nunha nave situada en Icaria, a través da rede de sumidoiros municipal.

As características desta planta son totalmente incompatibles coa actividade pesqueira que hai no porto de Oza. Xa no seu día, o informe da Consellería de Medio Ambiente recollía o impacto desta planta nunha contorna especialmente sensible. Este peirao non é una polígono industrial e atópase a carón das praias de Oza e Santa Cristina e nas proximidades da ría do Burgo. Despois de décadas de loita por unha ría saneada, xeradora de riqueza a través de actividades de lecer, da pesca e do marisqueo, e acadada a licitación do dragado, a cidadanía da comarca non debe sufrir a presenza dunha planta ilegal contaminante.

Este tipo de instalacións crearon graves problemas por todo o territorio español durante os últimos anos. Para eliminar os refugallos e non ter que reciclar estas empresas empregan incendios e explosións. Por exemplo, no 2017 arderon 6 plantas de reciclaxe situadas en Navarra, Valencia, Lleida, Arganda del Rey e Málaga. Nos anos 2017 e 2018, as plantas situadas en Ribeira, Arteixo, As Somozas e Padrón tamén sufriron incendios e nun dos casos unha explosión, causando tamén graves danos no medio ambiente e problemas moi importantes de seguridade cidadá.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!