Alternativa continúa recollendo as necesidades da veciñanza

Alternativa continua o seu traballo de proximidade coa veciñanza, programando nos vindeiros días unha visita a Celas de Peiro, perseverando no obxectivo de recoller as necesidades e demandas veciñais.

Á raíz da recente denuncia realizada polo estado de abandono do Rego das Xesteiras, o grupo municipal puido identificar outras deficiencias que considera necesario avaliar mais de preto para darlles traslado ao goberno municipal.

Nos últimos días, membros do grupo municipal, xa inspeccionaron O Rego das Xesteiras, un principais enclaves de lecer de Celas e un espazo destacado do patrimonio de Culleredo. O lugar e a súa contorna son moi frecuentados tanto pola veciñanza como por persoas visitantes. A pesar disto presenta deficiencias no seu estado de mantemento o que reforza a necesidade dunha actuación máis regular e eficaz por parte do Concello.

O grupo municipal sigue apostando polo traballo coa veciñanza tanto presencialmente, a través das visitas coas parroquias, como as reunións con asociacións e colectivos veciñais, como a través dos medios telemáticos cos canles abertos en redes sociais e a campaña “Tí es de Culleredo. Falamos?”.

Comparte esta nova!