[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños considera imprescindible a mellora das infraestruturas viarias en Carral
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños anuncia a súa intención de mellorar a conservación das vías de titularidade municipal que percorren as parroquias do municipio.
Todas as administracións con competencias nas estradas do municipio de Carral teñen nun estado de abandono un número elevado de quilómetros das vías que percorren as parroquias. Desde Alternativa dos Veciños consideramos urxente a colaboración entre administracións para lograr unha mellora da conservación das estradas que aporte calidade de vida á veciñanza. A Deputación da Coruña asigna a través das partidas dos plans provinciais uns fondos aos que Carral ten dereito e son imprescindibles para mellorar a seguridade viaria do municipio: Plan de Conservación, de Investimento en Estradas provinciais, o POS+. O Concello ten que estar pendente das convocatorias e Alternativa dos Veciños asegurará un investimento xusto en Carral.
Este xoves 23 de maio ás 20:30 horas temos un encontro coa veciñanza no local social de Tabeaio.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]PROGRAMA ELECTORAL DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS CARRAL[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]