[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa concentrouse para esixir ao concello que leve a cabo o traslado da Fonte do Abade
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo concentrouse xunto coas asociacións veciñais de Oseiro, para esixir ao concello que leve a cabo o traslado da Fonte do Abade, unha demanda veciñal de máis de 20 anos.
Esta mañá, Alternativa concentrouse á beira da Fonte do Abade para solicitar ao concello o seu traslado. A concentración contou co apoio de veciños e tamén das asociacións veciñais de Oseiro, da AAVV San Tirso de Oseiro e da AAVV Manuel Murguía. Hai que ter en conta, que ambas as entidades veciñais levan máis de 20 anos demandando ao concello o traslado desta fonte.
“Atendendo a actitude e a desidia do equipo de goberno, non queda outra que saír á rúa para solicitar que leven a cabo obras que xa deberían estar realizadas hai décadas. O concello conta con todos os permisos necesarios e, tamén ten os orzamentos aprobados desde hai máis de 2 anos para a execución desta obra. Por iso, non se leva a cabo o traslado da fonte porque o equipo de goberno non quere ou non lle interesa”, apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa dos Veciños en Arteixo.
“Despois de ver á veciñanza concentrada na rúa para solicitar o traslado, ao equipo de goberno deberíaselle caer a cara de vergoña e poñer esta obra en marcha dunha vez por todas”, matiza Noelia Martínez.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]