Alternativa comprométese a seguir mellorando os accesos a Serantes e Maianca

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A Lagoa de Mera acolleu unha nova cea fría da pre-campaña de Alternativa dos Veciños. Diante de máis de 300 persoas, o partido explicou a veciñanza das parroquias de Serantes e Maianca as propostas que ten para a vindeira lexislatura, na que espera revalidar a súa maioría absoluta.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Os representantes na executiva do partido, Montse Méndez e Andrés Sánchez, expuxeron ós veciños a lista electoral do partido de cara ós comicios do 28 de maio. Posteriormente, tamén interviron no acto os dous candidatos da parroquia, Marga Figueroa e Pablo Cibeira.

O presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, dirixiuse aos presentes na parte final do acto. O actual alcalde de Oleiros recordou os grandes avances que tiveron estas dúas parroquias no referente aos accesos, ademais de comprometerse a loitar porque a Vía Ártabra sexa finalmente conectada coa Autopista do Atlántico. Por outra banda, asegurou que o seu partido é o único que pode manter e potenciar o enorme progreso que conseguiu o Concello de Oleiros nas últimas décadas.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!