Covid19 image

Alternativa dos Veciños fai un chamamento á responsabilidade e á calma

Alternativa dos Veciños solicita a todos os cidadáns da comarca da Coruña que sigan as instrucións e directrices determinadas tanto pola Xunta de Galicia como polo Goberno central. É importante actuar con civismo, calma e tranquilidade ante esta situación tan grave.

Alternativa dos Veciños, desde as institucións nas que goberna, está a priorizar a atención e o coidado das persoas maiores e dependentes. Igualmente estamos volcados coas familias en situación de vulnerabilidade.

É extremadamente importante lavar as mans; evitar tocar ollos, nariz e boca; tusir contra o brazo ou o cóbado e evitar o contacto próximo con outras persoas con síndromes respiratorios. O teléfono de información sobre o COVID-19 é o 900400116.

Novas relacionadas