Alternativa chama á solidariedade co pobo palestino ante as novas matanzas de Israel

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A actual ofensiva sionista contra a poboación palestina supón un novo chanzo na aniquilación da poboación autóctona de Cisxordania. Os ataques aéreos e terrestres contra Yinin resultan un vergoñento e cruel episodio de exterminación étnica ante o que ninguén debe permanecer impasible.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa chama á solidariedade internacional e a expresión do cariño ao pobo palestino, vítima dos hábitos destrutivos israelitas contra a poboación, á que se despoxa de territorios, os bens e en moitos casos a propia vida para facérense con todo o fondo do Mediterráneo, obxectivo último dos relixiosos que baixo a fantasía lendaria da “terra prometida” promoven esta longa guerra desde hai décadas.

A comunidade internacional debería posicionarse do mesmo xeito que o fai en torno á situación ucraniana, xa que Israel está cometendo un xenocidio moito máis intenso e despiadado que a invasión rusa. En cambio, non se observa sensibilidade algunha en torno ao comportamento criminal do goberno ultradereitista de Israel.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!