Alternativa dos Veciños Cambre celebra unha churrascada en Brexo Lema para pechar a campaña
A candidatura encabezada por Raúl Varela celebra un acto de confraternización coa veciñanza no local social de Brexo Lema o venres 24 ás 20:30 horas.
O acto consistirá nunha churrascada á que se convidará á veciñanza a partir das 20:30 da tarde. Alternativa dos Veciños solicita o voto da xente de Cambre para cambiar o mapa político do municipio, levar adiante o Plan Xeral de urbanismo, mellorar o transporte público, conseguir a conservación do patrimonio natural e evitar a especulación.