Alternativa celebra o 19D a súa asemblea xeral

Será no Teatro das Torres, á que poden asistir simpatizantes e militantes

O martes, 19 de decembro, Alternativa dos Veciños celebra a súa asemblea xeral ás 8 da tarde no Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, en Oleiros, unha sesión ordinaria conforme ao previsto nos artigos 7, 9 e 10 dos Estatutos da entidade.

A xuntanza é unha convocatoria para a militancia e simpatizantes, que poderán asistir libremente e participar na elección de órganos e cargos de dirección do partido político. Aproveitaráse a ocasión para compartir información de interese xeral para a comarca, e pecharase a tarde coa consabida sesión de rogos e preguntas.

Comparte esta nova!