romaria

Alternativa dos Veciños celebra a III Romaría na Finca Tenreiro o sábado 6 de xullo

A III Romaría de Alternativa dos Veciños terá lugar o sábado 6 de xullo a partir das 12:00 horas na Finca Tenreiro, que se atopa na localidade de San Pedro de Nós. Será unha gran festa aberta a todas aquelas persoas que desexen pasar unha xornada agradable nun inmenso parque público.

A entrada será libre e aberta a todos os veciños e veciñas da comarca da Coruña. En Alternativa dos Veciños non existen carnets, polo que calquera cidadán que simpatice coa maneira de traballar e de actuar do partido atopará neste encontro unha grata compañía.

Cada persoa pode traer a comida que estime oportuna, facela alí mesmo se o prefire, organizarse por grupos… Haberá mesas e cadeiras. A Pulpeira de Melide ofrecerá polbo, churrasco, empanada, doces, bebidas,… A charanga Os Charangos amenizará a xornada coa súa música. Os nenos e nenas terán inchables e xogos populares.

Finca Tenreiro

Novas relacionadas