Alternativa dos Veciños celebra unha asemblea o día 16 para elixir a presidencia e os órganos de goberno

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños celebra unha asemblea o día 16 para elixir a presidencia e os órganos de goberno

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños ten convocada para o vindeiro 16 de decembro, ás 20:30 horas no auditorio das Torres de Santa Cruz, unha asemblea xeral extraordinaria para elixir ás persoas que formarán os órganos de goberno do grupo político durante os vindeiros 4 anos.

Este é un proceso aberto no que participan todas as persoas simpatizantes de Alternativa. Desde a pasada semana estanse a celebrar asembleas informativas nas distintas localidades de Oleiros e da comarca para explicar todo o procedemento.

Tal e como determinan os estatutos, calquera persoa simpatizante pode presentarse á presidencia. Para elo terá que presentar a súa candidatura á Secretaría Xeral (info@alternativadosvecinos.org) antes da celebración da Asemblea Xeral do día 16.

As candidaturas deberán estar encabezadas pola persoa que aspira á presidencia e terán que incluír tamén as todas persoas que o/a acompañarían nos distintos órganos de goberno do partido. De entre todas as listas que se presenten, quedará proclamada a que máis votos reciba na asemblea.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!