Alternativa de Arteixo celebra o venres unha asemblea aberta coa veciñanza de Barrañán
Alternativa dos Veciños de Arteixo celebra o vindeiro venres 2 de xullo unha asemblea aberta coa veciñanza de Barrañán, que se levará a cabo no Campo da Festa ás 21H.
Alternativa empezou coa rolda de asembleas abertas o pasado venres 18 na parroquia de Oseiro. Atendendo a que estas asembleas celebrásense sempre en espazos abertos con motivo da pandemia, se o tempo o permite, tentarase celebrar una cada semana.
“A celebración destas asembleas é algo moi produtivo, xa que nos permite coñecer de primeira man as demandas e necesidades dos veciños e veciñas, para logo estudalas e facerllas chegar ao goberno municipal” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.