chs

Alternativa celebra a contratación da obra da rotonda na Chasqueira

A Deputación da Coruña adxudicou por importe de 383.677,40 euros a obra de construción dunha rotonda no punto no que conflúen as estradas Iñás-Pravio e San Pedro de Nós-Cecebre. Alternativa dos Veciños solicitara esta obra en varias ocasións á Deputación, por tratarse dun punto negro na circulación da comarca.

“Desde Alternativa dos Veciños demandamos a realización desta rotonda no pleno da Deputación en varias ocasións. Estamos a falar dun cruce moi perigoso, onde houbo moitos accidentes. Polo tanto é unha moi boa noticia para o conxunto da comarca”, dixo o deputado provincial Ángel García Seoane.

Novas relacionadas