Alternativa dos Veciños de Carral prioriza o benestar social nos orzamentos municipais
O pasado luns 15 de xuño celebrouse un pleno extraordinario no que se aprobaron os orzamentos do Concello de Carral para o ano 2020.
A elaboración das contas estivo moi condicionado á gran débeda do anterior Goberno e á pandemia do Covid-19. O equipo de Goberno priorizou a partida destinada a Servizos Sociais por diante da partida de festas, excursións e outras actividades programadas, contando coa desaprobación do Partido Popular.